A EGAP acolle hoxe un dos curso do Programa Voluntariado Dixital
xoves, 19 de abril do 2012
A Escola
Galega de Administración Pública (EGAP) acolle
hoxe o o curso Voluntariado e Habilidades
Sociais, que forma parte do itinerario formativo do Programa Voluntariado Dixital,
promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a
ConsellerÃa de Traballo e Benestar.
O obxectivo do Programa de Voluntariado Dixital, é
contribuÃr a través da colaboración e compromiso de persoas voluntarias, á
incorporación das novas tecnoloxÃas á vida cotiá de toda a cidadanÃa galega,
centrándose nesta primeira fase nos colectivos de maiores e persoas con
discapacidade.
A formación dos 137 voluntarios e do persoal das e entidades colaboradoras
inscritas no programa comezou o pasado 20 de marzo e consta de seis módulos cun
total de 140 horas de formación tanto en liña como presencial. O módulo Voluntariado e Habilidades Sociais, que
se imparte hoxe, busca canalizar claramente as necesidades e expectativas do
colectivos aos que se dirixe o voluntariado dixital e ofrecer regras prácticas
para desenvolver habilidades sociais coas persoas maiores e persoas con
discapacidade que sexan usuarias do programa.
A acción formativa materialÃzase grazas á colaboración altruÃsta e
desinteresada da Universidade Senior da Universidade da Coruña, entidade
colaboradora do programa Voluntariado Dixital a través da cal se imparten
estudos destinados a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluÃu a súa
vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas
inquedanzas formativas e intereses culturais.