A Deputación de Pontevedra súmase á licitación electrónica
xoves, 26 de febreiro do 2015
A Deputación de Pontevedra, no seu afán por achegar a
Administración ós cidadáns e ás empresas, comezou en febreiro a licitar a
través de medios electrónicos no marco do proxecto
LEAL (Licitación Electrónica nas Entidades Locais). Esta iniciativa,
impulsada conxuntamente pola Deputación de Pontevedra e a AMTEGA, pretende
simplificar os procesos de licitación das administracións locais galegas,
facéndoos máis accesibles e transparentes para os licitadores.
Un dos obxectivos deste proxecto é facilitar o acceso das PEME
á contratación pública, igualando as súas oportunidades ás das empresas máis
grandes. Con este servizo facilÃtase ademais a adaptación ás novas directivas europeas
de contratación, xa aprobadas, que imporán a obrigatoriedade do uso de medios
electrónicos nos procesos de contratación pública nos próximos anos.
O proxecto consiste na implantación e posta en marcha da plataforma
de licitación electrónica VortalGOV. Trátase dun servizo deseñado para as administracións
públicas que está completamente adaptado á Lei de contratos do sector público. Esta
plataforma permite integrar por vÃa electrónica os procesos das administracións
públicas e os licitadores, abarcando desde a publicación do procedemento ata a sinatura
do contrato. Este sistema é utilizado actualmente por máis de 2.000 entidades
públicas e 40.000 provedores de todo o mundo. A ampla difusión da plataforma
VortalGOV facilitará a concorrencia ós procesos de contratación da Deputación
de Pontevedra, o que repercutirá na obtención de mellores ofertas para a
entidade.
VortalGOV segue un modelo de servizo SAAS (software como
servizo),que facilita a súa implantación e non require de desenvolvementos a
medida. A principal vantaxe deste modelo é que a actualización de versións, para
adaptarse por exemplo a cambios lexislativos, a realiza o provedor do servizo
sen cargo adicional para as administracións públicas. Nun modelo de servizo os
datos e o software alóxanse nunha nube, que funciona nesta plataforma como unha
nube pública nos servidores do provedor, o que lles permite ás administracións públicas
obter un considerable aforro de custos de mantemento da plataforma tecnolóxica.