A Deputación de Pontevedra brinda un setembro ateigado de formación TIC para a mocidade
venres, 23 de agosto do 2019
A
Deputación
de Pontevedra fará arrancar en setembro dez novos obradoiros do
proxecto Millennials 2019, o plan de empregabilidade xuvenil pola
vía da capacitación innovadora, creativa e tecnolóxica. Entre
estas accións formativas figura a nova edición de dous cursos TIC
en Pontevedra e Vigo que se están a desenvolver desde xullo, pero
dos que a Deputación decidiu realizar unha nova convocatoria pola
“súa gran demanda e acollida”.
Trátase
dos obradoiros Márketing Dixital: Estratexias SEO, SEM, Redes
Sociais e Análise de Tráfico Web, que se ofrecerá en
Pontevedra do 17 de setembro ao 7 de novembro, e Creación de
Contidos Dixitais (Videoxogos, Imaxe e Vídeo), que se
desenvolverá en Vigo do 17 de setembro ao 18 de novembro.
As
persoas interesadas poden inscribirse xa a través das contas
cursoEOI.pontevedra@eoi.es e cooperacion@depo.es.
Os
oito cursos restantes desenvolveranse, ademais de en Pontevedra e
Vigo, en Vilagarcía e Ponteareas. No caso de Pontevedra, están
previstas as accións formativas Creación e Xestión de Tendas en
Liña, que terá lugar na sede da da Deputación de Pontevedra do
19 de setembro ao 18 de novembro, con 316 horas; e Xestión de
Fidelización de Establecementos Turísticos, que tamén terá
lugar no Centro Príncipe Felipe do 17 de setembro ao 28 de outubro,
con 166 horas.
Por
outra banda, Vigo acollerá tamén outras catro accións formativas,
na sede da Deputación na cidade olívica. Trátase de Deseño e
Prototipado Rápido mediante Impresión 3D e Mecanizado, de 316
horas e que se desenvolverá do 16 de setembro ao 18 de novembro;
Creación de Aplicacións Móbiles (Aplicacións para Android e
iOS), tamén de 316 horas e que será do 17 de
setembro ao 18 de novembro; Organización e Xestión de Produción:
Lean Manufacturing 4.0, de 312 horas entre o 16 de setembro e o
18 de novembro e, por último, Xestión de Empresas Turísticas.
Deseño e Desenvolvemento de Produtos, con 166 horas repartidas
entre o 16 de setembro e o 28 de outubro.
Amais,
Deseño e Prototipado Rápido mediante Impresión 3D e Mecanizado
é o curso programado para Matosinhos (Vilagarcía), cun total de
316 horas entre o 16 de setembro e o 15 de novembro, mentres que o
CDL de Ponteareas acollerá a acción formativa Programación Web
con Software Libre (Web Development Bootcamp)
do 17 de setembro ao 19 de novembro, cun total de 316 horas.
As
inscricións nestes outros oito cursos poden facerse a
través da web da EOI e as persoas interesadas poden obter máis
información a través do enderezo electrónico coooperacion@depo.es
ou no teléfono 986 804 100 (extensións 40652 e 40267).
O
proxecto Millennials está dirixido a mozos e mozas con idades
comprendidas entre os 16 e os 30 anos, con cursos deseñados e
adaptados ás súas necesidades e ás necesidades do tecido
industrial da provincia, no marco do Plan Nacional de Garantía
Xuvenil. Este proxecto enmárcase así mesmo no convenio de
colaboración entre a institución provincial e a Escola de
Organización Industrial.