A Deputación de Lugo achega aos maiores do Valadouro ás utilidades do móbil
xoves, 27 de setembro do 2018
O
presidente da Deputación, Darío Campos e o Alcalde do Valadouro,
Edmundo Maseda, mantiveron hoxe un encontro no consistorio do
Valadouro, co alumnado que está a participar na actividade formativa
sobre o manexo básico de móbil, que desenvolve a Fundación
TIC de xeito gratuíto. Campos Conde lembrou que “desde o
Goberno da Deputación apostamos un trimestre máis polo fomento do
uso das novas tecnoloxías entre os lucenses de máis de 55 anos
porque cremos firmemente na súa utilidade como unha ferramenta que
axuda a mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.
A
actividade, como dixemos, insírese no programa formativo da
Fundación TIC para este terceiro trimestre de 2008. O programa vén
con
1.165 prazas e
un total de
87 cursos e obradoiros a
impartir na
sede do InLugo na
cidade da Muralla e
máis nas vilas e aldeas do rural,
incluído o concello da Pastoriza.
Entre
as novidades do programa para esta recta final do ano figuran a posta
en marcha dun segundo nivel de Internet para buscas máis avanzadas e
obradoiros de pedidos por Internet, cambio de contrasinais e copias
de arquivos. Asemade, incluirase por vez primeira un curso de retoque
e composición de fotografía por computador, que se suma ao que xa
hai no móbil.
Por
outra banda, e respondendo ás solicitudes das usuarias e usuarios,
incrementouse o número de talleres de memoria, entre os que haberá
unha actividade a desenvolver coa consola Xbox, e, ao abeiro da
programación habitual, terán especial presenza os cursos de móbil
e de aplicacións como Facebook, Instagram ou Whatsapp, que segundo
lembrou o presidente contan con gran número de seareiros.