A Coruña redobra á súa loita contra as barreiras urbanas adheríndose á plataforma Accesibilitas

venres, 11 de setembro do 2020 Redacción

O Concello da Coruña adheriuse á plataforma tecnolóxica da Fundación ONCE e o Real Padroado sobre Discapacidade destinada a mellorar a accesibilidade no deseño de espazos, bens e servizos, poñendo o foco nos bos exemplos que poden servir de inspiración para os concellos e outras administracións (á hora de desenvolver equipamentos novos ou mellorar aqueles cos que xa contan). Trátase da plataforma Accesibilitas, un espazo web asesorado por expertos na loita contra barreiras e na que ten cabida calquera persoa e institución interesada en contribuír ao deseño universal.
O sitio web conta con seccións encamiñadas a informar da actualidade do traballo local a prol dos colectivos con diversidades funcionais, complementándoa con recursos (guías, manuais e estudos) e unha relación permanentemente actualidade de casos de éxito. O Concello da Coruña explica que permite tamén descargar deseños de produtos de apoio en 3D e dispón dunha área privada que dá acceso gratuíto á normativa técnica de ISO e UNE en materia de accesibilidade así como a foros especializados.

PUBLICIDADE