A Coruña acolle un evento de introdución a SeedSigner

luns, 20 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O vindeiro día 30 ás 19:30 as oficinas de WekCo, na Avda. Novo Mesoiro da Coruña acolle a celebración dun evento da comunidade Bitcoin 2140 A Coruña no que explicarán como mellorar a seguridade dos bitcoins empregando SeedSigner, un dispositivo de sinatura bitcoin deseñado por ser construído por un mesmo e que axuda a crear claves privadas sen confianza e reduce custos en hardware para billeteiras multifirma.
No encontro explicarase como conseguir os compoñentes, como funciona e como evitar os erros habituais que se comenten cando un se inicia en SeedSigner.
Os interesados en participar na comunidade organizadora da cita poden sumarse á súa canle de Telegram.

PUBLICIDADE