A Copa 40 EA Sports organizará unha semifinal en Santiago
martes, 28 de outubro do 2008
A terceira edición de un dos campionatos de
videoxogos máis importante do país, o FIFA 09, vai disputar unha das súas
semifinais da Copa 40
no Centro Comercial Área Central o vindeiro día 15 de novembro a partires das
16 horas.
Os interesados en participar deberán realizar
a súa inscrición previa na emisora de 40 Principais en Santiago, na Rúa San
Pedro de Mezonzo nº 3, 1º ; para poder así concorrer de balde no devandito
encontro.
O gañador da Semifinal de Compostela levará
para a súa casa unha PlayStation 3, unha equipa de Fútbol e unha viaxe a Madrid
para participar na “gran final nacional”, así como a satisfacción de ter gañado
un encontro con moitos adeptos no país.
A Copa 40 EA Sports conta co patrocinio de
Halcón Viaxes e ONO así como coa colaboración do Concello de Santiago, Futgol e
o Centro Comercial Área Central.