A Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo chega á súa décima edición

xoves, 16 de xaneiro do 2025 S. P.

Dende onte, mércores 15 de xaneiro, xa se atopa aberto o prazo de inscrición para a dita competición, que se levará a cabo o 25 de abril.
A xeito de curiosidade, cómpre dicir que en 2024 participaron medio milleiro de estudantes de 28 centros das catro provincias e nesta edición, co gallo de festexar o X aniversario, buscan darlle máis prioridade e protagonismo ao alumnado participante e aos seus centros e por iso as principais novidades céntranse nos premios e nos recoñecementos. Para logralo contarán, por primeira vez, coa colaboración da AER Automation (Asociación Española para la Robótica y la Automatización), que se une ao proxecto outorgando o premio STEAM ao centro que participe na competición cun maior número de estudantes nas diferentes categorías recollidas nas bases do concurso, de maneira que se recoñeza o seu labor na preparación das persoas máis novas para os retos do futuro.
En canto á inscrición, sinalar que tamén hai novidades para animar e incentivar aos centros a que participen e poidan ver recoñecido o seu esforzo con algunha vantaxe coa adquisición de kits de robótica. Co prazo de inscrición aberto até o vindeiro 10 de febreiro, as 25 primeiras inscricións recibirán de balde un tapete de robótica Segue liñas. “Asemade, tamén haberá algúns sorteos entre os equipos participantes co obxecto de axudalos a dispor de material para o desenvolvemento de actividades nas aulas”, engade o director.
Botando unha ollada ás orixes desta Competición de Robots, lembrar que xurdiu na EEI como unha actividade coa que “tentar fomentar dende as bases o interese polas actividades STEAM nun momento, ademais, onde o futuro vai a estar vencellado á dixitalización e ao papel das novas .