A Comisión Europea amplÃa as investigacións sobre as prácticas contra a competencia de Amazon
martes, 10 de novembro do 2020
- Margrethe Vestager nunha imaxe de Lukasz Kobus para o Servizo Audiovisual da Comisión Europea
Hai un par de anos a comisaria de Competencia, Margrethe Vestager,
anunciou en convocatoria de prensa que estaban
a vixiar as operacións de Amazon na Unión Europea por posible abuso de posición
de dominio cos datos relativos aos produtos que venden outros provedores
cos que tamén compiten, e agora sae á palestra para informar a Amazon de que as
investigacións realizadas apuntan a que Amazon violou as normas antimonopolio da
Unión Europea ao utilizar sistematicamente datos privados dos negocios de
vendedores no seu marketplace para competir con eles.
Non só avanza a investigación inicial, senón que a Comisión tamén abriu unha
segunda investigación sobre o trato preferente no seu marketplace para os vendedores que fan uso dos servizos de entrega e loxÃstica da
propia Amazon, o que tamén serÃa unha práctica que atentarÃa á libre
competencia.
Vestager declarou que «as condicións de competencia na plataforma de Amazon
deben ser xustas. As súas normas non poden favorecer artificialmente as ofertas
propias de Amaozn ou favorecer as ofertas que usen os servizos loxÃstico de
Amazon. Co comercio electrónico florecendo, e Amazon sendo unha plataforma de
comercio electrónico lÃder, un acceso xusto e sen distorsións aos consumidores
en liña é importante para todos os vendedores».