A ColecoVisión resucita como consola de videoxogos portátil

venres, 27 de outubro do 2006 Marcus Fernández

As vellas consolas de videoxogos e máquinas recreativas conservan toda unha lexión de nostálxicos seguidores, que se valen de emuladores para poder rememorar os seus xogos favoritos, e agora unha nova consola portátil pretende replicar á ColecoVision, que foi unha das consolas de referencia a primeiros dos anos 80, que contaba con multitude de títulos que tamén existían nas salas de xogos.
A Coleco Sonic Handheld venderase a 49,99 dólares (39,26 euros) e xa se pode reservar a través da Internet (pois sairá á venda en poucos días) e conta cun catálogo moi completo de xogos integrados na propia consola: Sonic Drift 2, Sonic Triple Trouble, Alex Kidd in High Tech World, Alex Kidd in Miracle World, Altered Beast, Assault City, Astro Warrior, Aztec Adventure, Bomber Raid, Columns, Ecco II: The Tides of Time, Fantasy Zone, Fantasy Zone: The Maze, Global Defencse, Kung Fu Kid, The Ninja, Penguin Land, Quartet, Snail Maze e Super Columns. Temos así unha recuperación orixinal dunha consola doméstica en formato portátil.

PUBLICIDADE