A Casa Branca considera que Huawei é unha ameaza para a seguridade nacional
xoves, 16 de maio do 2019
- Huawei, compañÃa lÃder global en 5G, presentou os seus avances na nova xeración de telefonÃa móbil no Mobile World Congress de Barcelona
A
guerra da administración Trump contra as compañÃas tecnolóxicas chinesas vén de
recruarse coa proclamación dunha orde
executiva do presidente ao considerar o asunto unha emerxencia nacional, de
xeito impón restricións á cadea de subministros de servizos e tecnoloxÃas de
comunicación.
Dende a Presidencia consideran inaceptable o risco que supón empregar
tecnoloxÃa de «adversarios estranxeiros» para infraestruturas crÃticas, de
xeito que as axencias gobernamentais terán que tomar medidas para que sexa efectivo
o veto a compañÃas chinesas de telecomunicacións como Huawei e unhas 70 compañÃas afiliadas.
As medidas contra as empresas tecnolóxicas chinesas adóptanse sen existir
ningunha evidencia coñecida que leve a desconfiar das mesmas e, de feito, os distintos
estados europeos confirmaron nas últimas semanas que non terán problemas para
empregar tecnoloxÃa de Huawei para as súas redes 5G, por considerar
inxustificadas as reticencias que expoñen dende EE.UU. e que parecen responder
máis a unha guerra comercial (que actualmente tamén se está a trasladar ao
ámbito dos aranceis).
Dende Huawei negan as acusacións que se realizan contra eles, e declaran que «restrinxir
os negocios de Huawei nos EE.UU. non fai que EE.UU. sexa máis forte ou seguro, só
serve para forzar aos EE.UU. a alternativas inferiores e máis caras, que
retrasarán o desenvolvemento do 5G nos EE.UU.».