A Canon LEGRIA mini facilita a gravación persoal de vÃdeo
mércores, 31 de xullo do 2013
Atendendo ás demandas de gravación de vÃdeo persoal por
parte de moitos creadores que gustan de rexistrar en vÃdeo as súas actividades
ou videoblogs Canon presenta a nova
cámara VIXIA mini, que está dotada dunha lente de ultra grande angular para
poder gravar a pouca distancia e que está dotada dunha pantalla táctil abatible
de 2,7 polgadas para o seu control (e para ver a imaxe que está a recibir) e
Wi-Fi (facilitando a publicación dos contidos que rexistre en varias
plataformas en liña sen mediación dun ordenador ou a través dunha aplicación
móbil dispoñible para iOS).
A Canon VIXIA mini conta cun sensor CMOS de 12,8 MpÃxeles e un preocesador de
imaxe DIGIC DV4, podendo gravar vÃdeo Full HD en MP4 e imaxes JPEG en tarxetas
microSD, e o seu formato compacto e versátil (integra un pé para facer doado
colocalo sobre distintas superficie ou adaptalo a trÃpodes e outros accesorios
fotográficos) fai posible que o creador teña un grande control sobre as súas
gravacións sen precisar de axuda doutras persoas. A cámara conta con numerosos
modos de funcionamento para adaptarse á gravación de vÃdeos con comida e moda,
actividades deportivas ou obxectos a curta distancia, podendo empregarse para
facer gravacións a cámara lenta (a un cuarto de velocidade en resolución VGA ou
a media velocidade a 720p) ou a cámara rápida (a 2x o a 4 x, para gravar
actividades de certa duración como cociñar, maquillarse...).
Esta cámara chegará
a Europa no mes de setembro a un prezo de 329 euros, aÃnda que cómpre
destacar que o nome que recibirá no noso mercado será Canon LEGRIA mini.
- A cámara estará dispoñible en branco ou en negro