A Cámara de Santiago impulsa un curso gratuíto de dixitalización do sector cultural
martes, 5 de outubro do 2021
A
Cámara de Santiago, en colaboración coa Fundación INCYDE a Cidade
da Cultura, organiza un programa formativo gratuíto para impulsar a
adaptación ás novas ferramentas e plataformas das empresas de
contidos e creativas. O obxectivo fundamental do curso Transformación
dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias
culturais é proporcionar unha visión global das distintas
áreas funcionais da peme para poder determinar oportunidades de
mercado e desenvolver un plan de mellora, “sempre coa axuda das
ferramentas tecnolóxicas de xestión para favorecer a súa posta en
marcha”.
O
curso, que se desenvolve do 11 de outubro ao 19 de novembro, vai
dirixido ás seguintes destinatarias:
•
Persoas vencelladas ao mundo cultural e con interese en coñecer a
importancia das industrias culturais e creativas.
•
Emprendedores/as que conten cunha idea de negocio e desexen realizar
un proxecto viable de creación de empresa cultural para a súa
posterior posta en marcha.
Para
máis información sobre o programa de actividades previstas e as
inscricións, cómpre
visitar a web da Cámara de Santiago.