A Cámara de Santiago achega un obradoiro de Shopify impartido por Javier Rocamora
venres, 4 de febreiro do 2022
A
Cámara de Comercio de Santiago organiza os dÃas vindeiros un novo
obradoiro para fortalecer a actividade das organizacións a través
das posibilidades que ofrece o comercio electrónico. O Taller
creación de tenda online con Shopify para entidades de economÃa
social celébrase entre os
dÃas 14 e 18 de febreiro en horario de 10.00 a 13.00 horas. Será
impartido por Javier Rocamora GarcÃa, un dos grandes expertos
estatais en mercadotecnia online e comercio electrónico,
achegando ás persoas participantes as claves do servizo Shopify como
plataforma de comercio electrónico na nube. Será unha actividade en
liña e de balde.
O
taller enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A
Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola SecretarÃa
Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo
e a economÃa social que conta co financiamento do Ministerio de
Trabajo y EconomÃa Social.
Contidos
•
Coñecer Shopify como plataforma de comercio electrónico na nube.
•
Axudar a elixir un plan de prezos e servizos segundo as necesidades
do asistente.
•
Aprender os pasos básicos para a creación dunha tenda online
sinxela con Shopify.
•
Coñecer as posibilidades de integrar servizos externos en Shopify
(TPV, compartir catálogo, etc).
