A Cámara da Coruña móstranos como mellorar as vendas en liña
luns, 28 de novembro do 2022
A
Cámara
da Coruña programou para estes días catro actividades formativas de
transformación, a desenvolver entre o 29 de novembro e o 1 de
decembro e enfocadas a mellorar as competencias craves da rede de
vendas, á xestión de equipos e ao traballo en equipo, así como á
mellora de resultados na venda online.
O
curso Competencias
clave dun vendedor excelente, que se celebra
entre o 29 e o 30 de novembro de forma presencial, está deseñado
para que profesionais de vendas coñezan e manexen as habilidades e
ferramentas que conducen a resultados na operativa de xestión de
venda.
Nas
mesmas datas e tamén en modo presencial, terá lugar o curso
Desenvolvemento
de Liderado, deseñado para dar a coñecer as
diferentes dimensións que implica a posta en práctica do rol de
líder e como poñelas en práctica no día a día.
Entre
o 1 e o 21 de decembro desenvolverase en formato online o
curso Traballo
en equipo, para para entender a importancia da figura do
líder dentro dos equipos de traballo ou coñecer as competencias que
debemos desenvolver de maneira individual para conseguir un traballo
en equipo exitoso, entre outros temas.
Para
o día 1 de decembro, en formato online, está programado o
curso Tácticas
de éxito para vender por Internet, no que se abordarán os
pasos fundamentais que se recomendan seguir, antes de empezar a
captar clientes por Internet, e as diferentes estratexias que existen
para captar clientes con exemplos reais.