A CRTVG centraliza os seus contidos informativos na Rede baixo a marca G24

xoves, 16 de maio do 2019 Marcus Fernández

A CRTVG aproveita a data do Día das Letras Galegas para unificar o seu contido dixital baixo a marca G24, de xeito que as novas xeradas nos servizos informativos da CRTVG (tanto da TVG como da Radio Galega) as 24 horas do día e os 365 días do ano estarán accesibles rapidamente a través do nova páxina web que responde ao dominio g24.gal.
Pero G24 non se limitará á activa reste novo dominio de Internet, senón que tamén trasladará a información ás principais redes sociais, estreando contas en Twitter, Facebook e Instagram. Deste xeito, a CRTVG reorganizará as súas contas en redes sociais, quedando as contas da CRTVG como perfil institucional, os da Radio Galega e a TVG centradas no lecer e as de G24 para os contidos informativos. Amais, a audiencia poderá contactar co G24 a través de WhatsApp ao número 659 090 645.
O novo espazo web tamén apostará polo móbil como canle de consumo da información, de xeito que irá adaptando os seus contidos a formatos pensados para smartphones.

PUBLICIDADE