A CNMC multa por non verificar de xeito efectivo a idade dos usuarios de webs pornográficas
venres, 17 de xaneiro do 2025
- A CNMC considera deficiente o sistema de verificación de idade das páxinas web de Techpump
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo unha multa de 308.529 euros á empresa asturiana Techpump Solutions, S.L., responsable de sete plataformas de intercambio de vÃdeos de contido pornográfico, por incumprir a súa obriga legal de implementar sistemas efectivos de verificación de idade.
Tras unha investigación que incluÃu inspeccións e requirimentos de información, a CNMC comprobou que as plataformas xestionadas por Techpump non verificaban de maneira eficaz a maiorÃa de idade dos usuarios. Na práctica, os menores podÃan acceder a estes contidos simplemente declarando ser maiores de idade sen que se realizase unha comprobación real. Este comportamento vulnera a normativa deseñada para protexer o desenvolvemento fÃsico, mental e moral dos menores. Ademais, verificouse que, malia os requirimentos da CNMC, a empresa non adoptou medidas suficientes para corrixir estas deficiencias.
Este incumprimento reiterado supón a comisión de sete infraccións moi graves do artigo 157.8 da Lei xeral de comunicación audiovisual. En concreto, a sanción desglosase en sete multas por importe global de 308.529 euros que corresponden a:
– Cinco multas de 44.829 euros cada unha por incumprir a súa obriga legal de implementar sistemas efectivos de verificación de idade en servizos accesibles en España.
– Dúas multas, por cada servizo sen acceso desde buscadores habituais da Internet en España, de 42.192 euros.