A CNMC considera innecesarias as cabinas telefónicas

mércores, 23 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Durante moitos anos a cabinas telefónicas formaron parte da nosa paisaxe urbana, pero cada día os teléfonos fixos públicos son unha cousa máis rara, xa que a popularización da telefonía móbil fíxoos irrelevantes, e precisamente por iso a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia instou ao Ministerio de Industria nun informe a revisión da obriga de manter as cabinas dentro do servizo universal, xa que cada vez hai menos cabinas rendibles, o que supuxo que o seu custo de mantemento se multiplicase por tres, pese a que o 88% dos españois non chegou a empregar unha cabina xamais.
No ano 2000 aínda quedaban en España 108.899 cabinas en servizo, pero o seu número caeu de xeito importante, de xeito que en 2014 o número de cabinas rexistradas era de só 34.735, converténdose en auténticas reliquias que non conseguen resultar de utilidade nin sequera incorporando servizos avanzados de distinta índole e aproveitándose como espazos publicitarios.
Lembremos que o servizo universal actualmente garante o acceso á telefonía fixa, acceso a banda larga cunha velocidade de 1 Mbps, a posibilidade de solicitar unha guía telefónica e a existencia das cabinas telefónicas, quedando cada vez máis claro que algunhas destas esixencias están a converterse en auténticos anacronismos que debería revisarse.

PUBLICIDADE