A Biblioteca Universitaria da USC, en liña
martes, 24 de marzo do 2020
- A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
A
Biblioteca
Universitaria da USC (BUSC) apostou estes días polas contornas
virtuais e converteuse nun servizo cen por cen en liña. O
motivo? A necesidade de seguir mantendo a operatividade en tempos de
confinamento, restricións e máxima limitación ao presencial.
“Nestes tempos de pandemia”, informa a Biblioteca, “estamos a
sortear as limitacións derivadas da emerxencia sanitaria a través
da bitácora virtual A BUSC en liña, unha xanela que permite
a conexión con toda a comunidade universitaria que a demande”.
A
través desta xanela facilítase o acceso a todo o material incluído
no acubillo dixital Minerva e, ademais, o persoal da BUSC tenta dar
resposta e atención a todas as preguntas, consultas e demais
cuestións recibidas a través dos seus enderezos electrónicos.
Amais disto, tamén se permite acceso a unha manchea de referencias
dixitalizadas que poden ser de interese para “que estudantes e PDI
avancen con éxito nas súas tarefas académicas”.
A
maiores, a Biblioteca Universitaria mantén a súa actividade
(intensificándoa) nas redes sociais e achega diversos vídeos
titoriais orientados a facilitar as buscas e demais procedementos de
manexo dos usuarios, ao tempo que mantén con normalidade a súa
oferta de actividades formativas en liña.