A BenQ T850 anúnciase como a cámara dixital de 8 MpÃxeles máis delgada do mundo
xoves, 29 de maio do 2008- O grosor da T850 é de entre 16,9 e 14,9 milÃmetros
BenQ anunciou o
lanzamento da súa nova cámara T850 de 8 MpÃxeles que promete ser
a
máis delgada do mundo na súa categorÃa, pois ten só 14,9 milÃmetros
de grosor. Non só é delgada, senón que tamén ten unha boa sensibilidade (ata
1.600 ISO), un zoom óptico de 2X e unha lente smc Pentax.
Operar con esta cámara é doado, empregándose para boa parte das operacións a
súa pantalla táctil de 3 polgadas mediante 3 movementos sinxelos do dedo
(pulsado rápido, pulsado longo e cÃrculo) que serven para levar a cabo as
funcións máis avanzadas da cámara.
Tamén ten detección de caras e sorrisos, conta con varios modos de disparo
automático, permite disparar 12 fotografÃas nun segundo, grava vÃdeo en MPEG-4
en 16:9 a dúas resolucións (640 x 480 pÃxeles a 15 fotogramas por segundo e 320
x 240 pÃxeles a 30 fotogramas por segundo).
As imaxes e vÃdeos pódense gardar en tarxetas SD de ata 8 Gb e SDHC de ata 16
Gb. As dimensións da cámara son 91 x 59 x 16,9-14,9 milÃmetros e pesa 120
gramos sen baterÃa.