A Aula CeMIT de Padrón acolle no Entroido un campamento dixital para escolares de entre 8 e 14 anos
martes, 10 de febreiro do 2026
A Aula CeMIT do Concello de Padrón acolle este mes de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido, un Campamento Dixital para formar á rapazada na vertente máis enriquecedora e segura das novas ferramentas tecnolóxicas. Celebrarase os dÃas 16, 17 e 18 de febreiro na Aula CeMIT.
Vai dirixido á rapazada e á mocidade de entre 8 e 14 anos. Celebrarase en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas. Este mércores 11 pecha o prazo de inscrición. Esta pode facerse no Centro Social de Padrón ou a través do correo a correo@padron.gal, ou chamando ao 981 811 329.
O Concello convida a participar na actividade, unha boa ocasión para que os estudantes desfruten dunha experiencia de lecer educativo e tecnolóxico durante as vacacións do Entroido.
Esta actividade está financiada cos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Goberno de España.
