A AMTEGA entrega material de última tecnoloxía á Aula CeMIT de Boiro
xoves, 23 de marzo do 2023
A
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) acaba
de facer entrega de tecnoloxías avanzadas (material disruptivo) á
Aula CeMIT do Concello de Boiro. Máis polo miúdo, foi a concelleira
de Cultura e Educación, María Outeiral, a que fixo entrega deste
material ao axente TIC do Concello para levar a cabo formación na
aula. O material recibido foi: unha impresora 3D, un kit de
consumíbeis, un equipo de robótica, drons, gafas de realidade
virtual, controladores e un kit de placas de comunicación e
programación que se empregarán para desenvolver novas actividades
formativas nesta Aula CeMIT.
Engadir que o Concello de Boiro está adherido ao Plan de Reforma e
Ampliación da Rede de aulas CeMIT, que ten como obxectivo dotar ás
ditas aulas de material tecnolóxico punteiro para acadar unha
experiencia formativa plena; reformar as aulas acorde ás últimas
tendencias didácticas e tecnolóxicas; potenciar a formación
adaptada ao marco galego e europeo; intensificar a presenza das aulas
no rural e reforzar os servizos dixitais.