A AMTEGA e a AETG achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

luns, 22 de abril do 2019 Redacción

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) renovan a súa colaboración coa sinatura dun acordo que, entre outras actuacións, permitirá realizar este ano talleres abertos e gratuítos sobre novas tendencias tecnolóxicas como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5G. Estas actividades formativas, abertas, gratuítas e presenciais, estarán dirixidas a cidadáns e empresas e administracións públicas. Esta actividade enmárcanse na aposta da AMTEGA pola especialización de profesionais TIC e a capacitación dixitais de profesionais doutros sectores.
Por outra banda, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia levará a cabo un estudo sobre a calidade das redes móbiles e de banda larga en a lo menos 250 núcleos da Comunidade que, polas súas características específicas, requiran de medidas de control concretas.
O acordo contempla, ademais, a continuidade do servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación dirixo especialmente aos axentes implicados no ámbito regulatorio das telecomunicacións e ás entidades locais.
Este servizo realízase a través equipo de traballo específico integrado por Enxeñeiros de
telecomunicación, cun soporte centralizado e permanente mediante contacto telefónico e correo electrónico. Ademais, a AETG elaborará a documentación específica de soporte para a tramitación e xestión administrativa das comunicacións previas que afecten a infraestruturas de telecomunicacións.
A AMTEGA achegará á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia un total de 65.000 euros para o desenvolvemento das actuacións que se recollen no acordo.

PUBLICIDADE