A 22ª XGN R Encounter programa máis de 50 actividades centradas nas TIC e o lecer electrónico
martes, 4 de outubro do 2022
O encontro XGN
R Encounter ten xa practicamente definido o programa da súa 22ª edición, a
cal terá lugar do 7 ao 9 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Serán
máis de 50 actividades lúdicas e formativas relacionadas coa informática, as TIC
e o lecer electrónico as que se desenvolvan nesta cita, que xa será no seu
formato completo. AsÃ, tras celebrase en liña en 2020 e volver facelo de forma
presencial para inscritos en 2021, este ano recupera tamén a súa área de acceso
libre no recinto, cuxas actividades se realizaron na pasada edición a través da
Internet debido a que a pandemia aÃnda o esixÃa.
En canto ás propostas dirixidas exclusivamente aos
inscritos, a Intranet da XGN R Encounter incluirá competicións de arte dixital,
centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso
de dobraxes e fotografÃa, retoque fotográfico, fast compos e anime
music video. Ademais, en hardware contará con diversas actividades, entre
elas modificación e personalización de equipos, talleres de hidroimpresión
(consiste na transferencia dun deseño impreso nunha lámina a calquera obxecto
que entre nunha cubeta) ou experiencias de realidade virtual.
Asà mesmo, os participantes poderán tomar parte, no apartado
de software libre, no AI Contest, unha proba centrada en programar un robot
para que compita con outros nun sinxelo xogo. Ademais, organÃzanse torneos de
numerosos videoxogos, entre eles League of Legends, Valorant, Rocket League,
FIFA 22, Mario Kart 8 ou StreetFighter V. E, como sempre, haberá
tamén divertidos xogos como o Trivial de cinema e de xogos, a competición de
avións de papel papers flight simulator ou o Game of encounter: A
casa da org, un torneo con gran número de probas.
Extranet
A volta da Extranet á presencialidade permitirá retomar
actividades de gran atractivo tanto para inscritos como para visitantes
ocasionais ao recinto. AsÃ, esta zona de acceso libre incluirá durante os dous
primeiros dÃas da LAN party interesantes conferencias con tÃtulos como
Monta a túa web dende cero, Ivao, simulando o ceo
ou Materiais baratos para iniciarse no cosplay (actividade consistente
en usar disfraces e accesorios para representar un personaxe de videoxogo,
cinema, manga ou cómic), e tamén obradoiros a través dos que se poderá
programar un sensor para medir a calidade do aire, deseñar un reloxo con 60 LED
que fan de segundeiro ou xogar ao fútbol cos Robots Dash. Asà mesmo, Ivao
(International Virtual Aviation Organisation) organizará eventos de simulación
de voo e tamén concursos virtuais de tomas suaves e voo nivelado.
Todo isto dotará de gran atractivo a esta 22ª edición,
a cal conta con R como colaboradora e patrocinadora oficial por sexto ano
consecutivo e tamén co apoio da ConsellerÃa de PolÃtica Social e Xuventude da
Xunta de Galicia, impulsora da LAN party.