94 concellos sumáronse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

luns, 24 de febreiro do 2020 Redacción

A axencia AMTEGA vén de facer reconto dos concellos que finalmente se adheriron á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural, logo de que esta semana pechase o prazo para que as administracións locais presentaran cadansúas solicit. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de até 5 millóns de euros. Inclúese ao seu abeiro a cesión dos emprazamentos axeitados para a instalación dos equipamentos de telecomunicación precisos para a mellora da cobertura naquelas zonas non urbanas que teñan cobertura deficidente.
Para participar no plan as entidades locais tamén debían incluír na solicitude o compromiso de abordar a acometida eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000€.
A AMTEGA tamén fixo reconto das accións a desenvolver unha vez que pechou o devandito prazo. Así, durante este primeiro semestre de 2020, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) validará as zonas con eivas de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con co operador público galego RETEGAL, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así “un mapa de zonas de actuación”, segundo informou AMTEGA, engadindo que “aqueles concellos que cumpran cos requisitos, que son carecer de cobertura e poñer e dispoñer dos terreos axeitados, integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL para a construción das torres e dunha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva”. Para este último paso, o lanzamento da convocatoria pública de axudas a operadores de telecomunicacións, xa se está a iniciar o proceso para solicitar a autorización da mesma á Comisión Europea.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron en decembro de 2019 un acordo marco para facilitar que as entidades locais se sumasen ao plan.
Os retos para 2021
A medida forma parte do compromiso do Goberno galego coa mellora dos accesos a Internet e á telefonía móbil, que terá investidos entre 2010 e 2020 un total de 185 millóns de euros de fondos públicos nos dous Plans de banda larga que se puxeron en marcha nesta década. Actualmente, o obxectivo da Xunta é “incrementar a porcentaxe e galegos con acceso a redes ultrarrápidas”. Para conseguilo puxo en marcha varias actuacións, que sumadas ás do Estado permitirán, en palabras da axencia AMTEGA, “que o 90% dos galegos teñan acceso a Internet de 100Mbps en 2021”.
Ademais, o Plan dotou de acceso a internet de máis de ata 350 Mbps a 81 e polígonos que contan con máis de 1.750 empresas e outras 80 de zonas illadas se beneficiaron de axudas directas para poder acceder a redes ultrarrápidas.


PUBLICIDADE