53 xogos de Mega Drive chegan a Xbox One e PS4 nunha recompilación

martes, 29 de maio do 2018 Marcus Fernández

Hoxe sae á venda a recompilación SEGA Mega Drive Classicss para Xbox One e PlayStation 4, que recolle máis de 50 clásicos retro e que como incentivo para facerse coa súa edición física inclúen un póster de dobre cara de Streets of Rage e Golden Axe. O prezo oficial das distintas versións é de 29,99 euros, prezo ao que tamén está dispoñible en Steam a mesma recompilación dende hai bastantes anos (e que hoxe recibe unha actualización con novidades como multixogador en liña para equipararse ás versións de consola).
Os xogos de Mega Drive que se recollerían en SEGA Mega Drive Classics son Alex Kidd in the Enchanted Castle, Alien Soldier, Alien Storm, Altered Beast, Beyond Oasis, Bio-Hazard Battle, Bonanza Bros, Columns, Columns III: Revenge of Columns, Comix Zone, Crack Down, Decap Attack, Dr. Robotnik’’s Mean Bean Machine, Dynamite Headdy, ESWAT: City Under Siege, Fatal Labyrinth, Flicky, Gain Ground, Galaxy Force II, Golden Axe, Golden Axe II, Golden Axe III, Gunstar Heroes, Kid Chameleon, Landstalker, Light Crusader, Phantasy Star II, Phantasy Star III: Generations of Doom, Phantasy Star IV: The End of the Millenium, Ristar, Shadow Dancer: The Secret of Shinobi, Shining in the Darkness, Shining Force, Shining Force II, Shinobi III: Return of the Ninja Master, Sonic the Hedgehog, Sonic the Hedgehog 2, Sonic 3D Blast, Sonic Spinball, Space Harrier II, Streets of Rage, Streets of Rage 2, Streets of Rage 3, Super Thunder Blade, Sword of Vermilion, The Revenge of Shinobi, ToeJam & Earl, ToeJam & Earl in Panic on Funkotron, Vectorman, VectorMan 2, Virtua Fighter 2, Wonder Boy III: Monster Lair e Wonder Boy in Monster World.
Temos así unha impresionante colección de xogos de moi diversos xéneros, como beam’em up, plataformas, quebracabezas, loita... cunha acción moi directa, de xeito que son todo un imprescindible para os amantes do retro ou calquera que busque diversión básica.

Vídeo promocional da recompilación de xogos de Mega Drive

PUBLICIDADE