49 concellos lugueses contarán con redes Wi-Fi públicas
luns, 24 de setembro do 2012
O pasado venres a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou
a contratación para a creación de espazos Wi-Fi de acceso libre e de balde á
Rede nos 49 concellos da provincia sumados ao proxecto tecnolóxico
Innova-TE, que a Deputación impulsa co financiamento nun 80% da Unión
Europea. Deste xeito dáse continuidade á iniciativa principiada na praza de San
Marcos en Lugo, cunha conexión sen fÃos que ofrécese de xeito gratuÃto para o
público coas limitacións esixidas para evitar lesionar á competencia do mercado
das telecomunicacións.
- Carpa cunha das actividades de Innova-TE en Lugo
A creación dos espazos Wi-Fi nos concellos lugueses conta cun orzamento de
preto de 300.000 euros, e forma parte dun novo paquete de medidas aprobadas
pola Xunta de Goberno da Deputación para estender e potenciar o uso das TIC na
provincia por un valor global de 1,1 millóns de euros co financiados pola Unión
Europea.
Para fornecer o tecido empresarial da provincia coa incorporación das TIC aos
seus negocios tamén se desenvolverán 2 programas con preto de 500.000 euros de
orzamento: Reacciona coas TIC (que achega asesoramento de balde para a implantación
ferramentas tecnolóxicas por parte de autónomoas e emprendedores) e Lugo
Innnova (con accións de difusión das vantaxes que supón ás empresas a
incorporación das TIC).
Para completar estas accións, tamén se aprobou a elaboración dun informe de
recomendación e o desenvolve dun proxecto piloto para fomentar o teletraballo
co fin de abrir novas oportunidades laborais, mellorar a produtividade e
facilitar a conciliación do traballo e a vida familiar; e deuse luz verde á
realización de auditorÃas de seguridade informática nos concellos da provincia.