35 anos de Tetris

xoves, 6 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A versión máis representativa de <em>Tetris</em> sería a de Game BoyHoxe é un día moi especial para os amantes dos videoxogos xa que un dos títulos máis significativos deste tipo de lecer electrónico, o Tetris, celebra os 35 anos da súa creación por parte de Alexey Pajitnov en Moscú, aínda que tardariamos anos en poder gozalo en Occidente. Podemos destacar que en 1988 o xogo contou con versión para ordenadores como o ZX Spectrum e para máquinas recreativas, sendo esta última creación de Atari Games todo un éxito que conquistou salóns recreativos e bares de todo o mundo, aínda que o feito de que fose o título de lanzamento da Game Boy en 1989-1990 foi probablemente a demostración máis evidente deste fenómeno, xa que xogou un papel clave no éxito de Nintendo no mercado das consolas portátiles.
En todo este tempo o xogo rexistrou máis de 500 millóns de descargas en dispositivos móbiles e centos de millóns de vendas en máis de 50 plataformas en máis de 200 países, e non só demostra o seu carácter clásico ao continuar a ser divertido de xogar tras tanto tempo, senón que tamén continúa a ter novas versións como Tetris Effect para PlayStation 4 e TETRIS 99 para Nintendo Switch.

PUBLICIDADE