3 novas canles dixitais para a cativada

mércores, 21 de decembro do 2022 Marcus Fernández

A CRTVG estreou hoxe 3 novas canles dixitais dirixidas á cativada: Pequerrech@s (para un público de até 6 anos), Cativo@s (para un público de entre 6 e 9 anos) e Mociñ@s (para maiores de 9 anos). Deste xeito, os pequenos da casa teñen unha oferta audiovisual á súa medida, que pode consumirse a través da páxina web da CRTVG ou da súa aplicación móbil.
A canle para os máis pequenos, Pequerrech@s, vai reunir 16 títulos de animación, cun total de 902 episodios das series Os Axóuxeres, A tropa de trapo, Caracois, Cocorico, A nosa casa, As aventuras de Tip e Oh, Os Bolechas, Os Bolechas no cole, Os Bolechas One2Three, As Aventuras de Minchi, Noddy Detective, O carteiro Pat, O teacher e os Bolechas, Planeta Fantasía, Telmo e Tula, Tutú e A Pita Cega. En total, 16 títulos e máis de 900 episodios.
A cativada de 6 a 9 anos terá os seus contidos favoritos na canle Cativ@s con preto de 1.000 episodios de 17 series: A Pita Cega, Braulio Tuber, Era unha vez a vida, Era unha vez os inventores, Era unha vez o home, Era unha vez os exploradores, Garfield e mais os seus amigos, Kiteretsu, o primo máis listo de Nobita, Merenda cos Bolechas, Monster Allergy, Narigolas, a aventura da auga, Nós tamén creamos, O amigo Ed, Os contos do Camiño, Miracle Tunes, Pippi Mediaslongas e Yakari. En total, 17 títulos e preto de 1.000 episodios.
E os máis Mociñ@s, a partir de 9 anos poderán gozar de Miracle Tunes, Pippi Mediaslongas, Garfield e mais os seus amigos, Kiteretsu, o primo máis listo de Nobita, Yakari, As andanzas do Gato con Botas, As aventuras de Rocky e Bullwinkle, Banana Cabana, Betty Atómica, Moby Dick e o segredo de Mu, Mysticons, Os misterios de Alfred, Princesa Sheherezade, Rantaro, o ninja pequeno, Sarxento Keroro, Sherlock Holmes, Spirit, galopando ceibe, Voltron, o defensor do universo e da serie emitida por TVG Verán M. En total, 19 títulos e máis de 1.200 episodios.

PUBLICIDADE