20 xogos de Bethesda chegan ao Game Pass

xoves, 11 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Unha vez pechada a compra de ZeniMax Media por parte de Microsoft só quedaba agardar á incorporación dos xogos de Bethesda e outros estudos da compañía como xogos first party dentro de Game Pass, pero a espera foi curta, e dende o 12 de marzo 20 dos xogos máis icónicos da compañía (con títulos de franquías como Doom, Dishonored, The Elder Scrolls, Fallout e Wolfenstein) entran na selección de xogos que Xbox ofrece mediante subscrición, dos que 16 poderán xogarse en PC, consola e streaming dentro do Game Pass Ultimate.
Boa parte dos xogos que chegan ao Game Pass tamén son compatibles con FPS Boost, de xeito que se os executamos en Xbox Series X|S correrán a unha maior taxa de fotogramas que en Xbox One.
Concretamente os xogos que entrar no catálogo de Game Pass son Dishonored Definitive Edition, Dishonored 2, DOOM (1993), DOOM II, DOOM 3, DOOM 64, DOOM Eternal, The Elder Scrolls III: Morrowind, The Elder Scrolls IV: Oblivion, The Elder Scrolls: Skyrim Special Edition, The Elder Scrolls Online, The Evil Within, Fallout 4, Fallout 76, Fallout: New Vegas, Prey, RAGE 2, Wolfenstain: The New Order, Wolfenstein: The Old Blood e Wolfenstein: Youngblood.

Vídeo co que Xbox recibe a Bethesda na súa familia

PUBLICIDADE