10,1 millóns de usuarios xogaron a copias piratas de Football Manager 2013
xoves, 14 de novembro do 2013
Durante a London
Games Conference 2013 celebrada onte, Miles Jacobson, responsable do xogo Football Manager, desvelou interesante
información sobre o impacto da piraterÃa
nos xogos para PC, ao contar que o seu Football
Manger 2013 foi crackeado o
pasado 12 de maio, pero a técnica que permitÃa saltar as proteccións do xogo incluÃa
un fallo que permitiu á xente de Sports Interactive rexistrar os enderezos IP
correspondentes aos usuarios que descargaron o xogo de xeito ilegal, sumando
un total de 10,1 millóns de usuarios piratas.
Jacobson chegou a detallar que 3,2 millóns destes usuarios estaban en China,
1,05 millóns en TurquÃa, 781.785 en Portugal e 547.000 en Italia (curiosamente
non citou a España, o que poderÃa indicar que a nosa sona de piratas poderÃa estar pouco xustificada, xa que a franquÃa
de Football Manager si é moi popular
no noso territorio). Pero o que si deixou claro o responsable da saga
futbolÃstica é que cada copia pirata
non é unha venda perdida, estimando que o número de usuarios que terÃan
comprado o xogo de non existir o crack
poderÃa ser duns 176.000, o que poderÃa ter xerado uns 3,7 millóns de dólares
en ingresos que claramente agradecerÃan dende o estudio de desenvolvemento do xogo
para poder contratar máis persoal.
Ao parecer, tras a aparición do crack,
as vendas do xogo caeron significativamente, pero dos 10,1 millóns de usuarios
que instalaron o xogo pirata, só 1,8
millóns xogaron ao mesmo con regularidade.