Ōkamiden sae á venda ten España

venres, 18 de marzo do 2011 Marcus Fernández

As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe un curioso xogo para Nintendo DS, Ōkamiden, que vén a ser unha especie de secuela de Ōkami, un xogo para Wii que destacara polos seus fermosos deseños, e que agora recupéranse cun toque infantil, de xeito que en vez de controlar ao grande lobo branco Amateratsu, manexaremos ao lobeto Chibiterasu.
Esta nova aventura está situada uns meses despois do xogo de Wii, tendo que enfrontarse Chibiterasu a unha forza que baleirou a paisaxe de cor, deixándoa murcha e apagada, en vez de chea de luz e vida. Para esta misión o peludo protagonista contará coa axuda de moitos compañeiros que van xurdido no camiño, para explorar, resolver puzzles e loitar contra malvados espíritos, para devolver o esplendor ao mundo, para o que haberá que facer uso da Brocha Celestial, un instrumento de escritura que empregaremos na pantalla táctil da Nintendo DS e que permite invocar poderes divinos. As técnicas de utilización da brocha permitirán manexar a Chibiterasu nos combates ou na resolución de quebracabezas.
Por desgraza para os máis cativos, este precioso xogo só está dispoñible con textos en inglés.


Trailer do xogo para Nintendo DS

JPEG - 216.1 KB
No xogo hai que facer uso da Brocha Celestial para derrotar aos inimigos

PUBLICIDADE