empresas
Vitae axúdanos a sacar o máximo proveito empresarial dos datos
A Ciencia dos Datos é unha das claves para converter en materia prima de utilidade o que de boas a primeiras non achega rendemento: a información en bruto. Isto que sobre o papel non fai máis que resultar abstracto, no día a día dun laboratorio, dun centro tecnolóxico ou dunha empresa innovadora, afecta directamente a iso que converte un proxecto nun éxito ou (...)
Ler máisEn maio Vitae ofrécenos a cuarta edición do seu curso de habilidades de comunicación
Vitae Consultores vai organizar en maio a cuarta edición dunha actividade formativa que nos bota unha man á hora de converternos en mellores comunicadores e comunicadoras, tanto a nivel interno (noso equipo, na nosa empresa) como a nivel externo (con colaboradores, partners, socios, clientes, usuarios, provedores, etc). Trátase do curso Habilidades de (...)
Ler máisSIVSA presentou Fenix perante máis de 300 profesionais do sector da saúde e os coidados
O pasado 27 a empresa galega SIVSA presentou novamente a súa tecnoloxía Fenix, a innovadora plataforma de software para a xestión clínica. A presentación desenvolveuse ao abeiro da Xornada de Responsabilidade Profesional Sanitaria que se celebrou no auditorio de AFundación en Vigo, da man de Gest Invest Medical, organización especializada no ámbito sanitario (...)
Ler máisSmart Green Labs (Itelsis) implanta con éxito o sistema de telexestion de redes electricas Sismored
O noso sector da enerxía smart ferve de espírito innovador, e Smart Green Labs, empresa do grupo compostelán Itelsis, é bo exemplo disto. Dende Smart Green Labs desenvólvense solucións tipo Scada para o sector eléctrico en xeral (smart grids), para o sector industrial (solucións M2M) e para o sector terciario (control e xestión telemática de equipos e (...)
Ler máisNathalie Picquot será a directora xeral de Twitter España
Tras meses co cargo vacante, finalmente Twitter España estreará en novembro unha nova dirección xeral, recaendo o cargo para España e Portugal en Nathalie Picquot, profesional que durante 11 anos ocupou distintos postos en Google España (directora de axencias, vídeo e branding, responsable da área de branding ou directora de desenvolvemento de partnerships (...)
Ler máisVitae organiza online a décima edición do seu curso sobre a biblioteca ITIL
Quen queira adicarse ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos avanzados ten que ter sempre presente algo máis que o factor formación, un factor por outra banda fundamental. Seranlle precisos mecanismos e metodoloxías axeitadas que garantan as mellores prácticas de traballo, axudando a facer compatíbel a creatividade coas pautas preestablecidas. Nisto ten (...)
Ler máisTelefónica e Everis impulsan tecnoloxías para xerar información de valor dende o espazo
Os avances para emprazar recursos de seguimento no espazo que nos permitan (paradoxalmente) coñecer mellor a Terra (coñecernos mellor a nós mesmos) veñen de recibir un importante pulo da man de Everis e o Grupo Telefónica (a través da plataforma de crowdworking Telefónica Open Future, da que forma parte a palestra de proxectos innovadores do monte Gaiás en (...)
Ler máisBalidea márcase como obxectivo facturar dous millóns de euros no eido internacional
Coa mesma rapidez que muda o sector da tecnoloxía, Balidea conseguiu ampliar o seu ámbito xeográfico e expandir a súa estratexia cara outros mercados. Hoxe por hoxe está presente en países coma Dinamarca ou Suíza e vén de dar o chimpo ao mercado americano. Nos seus quince anos de vida, Balidea ampliou o seu abano de servizos, ofrecendo dende o tradicional (...)
Ler máisImaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA
A empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares de idiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que, segundo indican, “permite a transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadas técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural e de Intelixencia Artificial”. (...)
Ler máisABANCA fortalecerá o proceso de medre da tecnolóxica galega TokApp
Entre as nosas empresas TIC de meirande potencial de medre atópase TokApp, responsábel da ferramenta global do mesmo nome para facilitar e mellorar a comunicación empresarial, e tamén de TokApp School, aplicación destinada a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa no ámbito escolar. Así o entende (así entende este potencial de TokApp) a entidade (...)
Ler máis