PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

xaKobeo.com: o lugar de encontro virtual dos peregrinos 2.0

luns 6 de xullo do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O Camiño de Santiago tamén se traza na Rede, dunha banda a outra da mesma, cada treito achegado por un internauta ou por un colectivo de internautas. Nesta liña de facer que o itinerario santo no virtual sexa o máis completo posible é onde se insiren os tres novos empresarios galegos que veñen de poñer en marcha a páxina xaKobeo.com, unha web centrada de xeito específico nas pegadas que Compostela deixa no mundo. O sitio, referenciado este domingo polo suplemento Innova Galicia de La Voz nunha completa reportaxe, xorde principalmente coa finalidade de converterse en rede social e punto de encontro 2.0 para peregrinos.
A idea é, polo tanto, seguir o ronsel de Facebook ou MySpace, onde hai centos de millóns de persoas en liña compartindo intereses e coñecemento, pero desta volta arredor dunha cuestión ben concreta: o itinerario compostelán. Deste xeito, favorécese dende a web o fluxo de información (recursos sobre onde aloxarse, onde comer, cando dar comezo ao itinerario, que visitar) e o contacto directo (amizade e comunicación sobre o Camiño dende calquera recanto do mundo).
Detrás desta proposta atópanse tres empresarios novos, moi vinculados á Rede e con base de operacións en Ourense: Juanjo Amorín (responsable de Kedin.es, entre outros proxectos en liña), Xosé Ramón Novoa (creador de webs como HELLOgalicia.es) e José Manuel Regueiro (responsable da firma Modera Media). Como rede social que é, a páxina xaKobeo.com ten a súa razón de ser en crear colectivo. De feito, o reto dos seus responsables é acadar antes de que remate 2010 a cifra nada desprezable de 150.000 usuarias e usuarios. A páxina, entre outros apoios, contará coa experiencia de Kedin.es, unha web xa plenamente evolucionada que, polo menos nun principio, actuará como subministro de participantes.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS