18 millóns de españois xa teñen acceso á TDT

venres, 6 de outubro do 2006

Bernardo Lorenzo, director xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información, declarou que 6 millóns de fogares e 18 millóns de cidadáns poden acceder xa á televisión dixital terrestres (TDT) despois de que se venderan máis de 2.250.000 receptores e se adaptaran as antenas de máis de 300.000 edificios.
Lorenzo asegurou que así nos últimos meses se superou a situación de paralización na que estaba a TDT en España trala quebra de Quiero.
Pola súa banda, Juan Junquera, secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información,lembrou que tralo apagón analóxico en 2010 se outorgarán 8 canles máis a TVE, e outras tantas ás comunidades autónomas e ós catro operadores privados “que cumpran coas súas obrigas”.

PUBLICIDADE