O Centro Oncolóxico de Galicia aposta pola enerxías renovables

xoves, 22 de marzo do 2007 Raquel Noya

Un dos grandes problemas da humanidade (ademais do presidente Bush) é a súa dependencia ós combustibles fósiles, que provocan un forte impacto ambiental e diversos trastornos económicos. Na procura de acadar unha enerxía alternativa e renovable coa que substituír ós devanditos combustibles e liberar un pouco á natureza da carga de contaminación á que está sometida, o Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro (COG) vén de pór en funcionamento un equipo solar termodinámico en Galiza, e un dos primeiros en España, para quecer auga sanitaria.
Mediante esta instalación innovadora, desenvolvida pola empresa Solar PST, o hospital poder cubrir o 100 por cento das súas necesidades de auga quente, grazas a 8 paneis solares que garanten o completo subministro diario mesmos nas condicións climáticas máis adversas, segundo informa a devandita firma.
As placas termodinámicas instaladas no COG absorben a temperatura superior do ambiente ó longo de todo o día para posteriormente transmitilo ó termoacumulador, aproveitando a enerxía do sol, da choiva e do vento.
A iniciativa confirma a aposta do COG polas enerxías renovables para a conservación da natureza e polo de agora, a instalación deste sistema, reducirá en oito toneladas a emisión anual de CO2 no Oncolóxico.

PUBLICIDADE