Pecha a revista de videoxogos EGM
xoves, 8 de xaneiro do 2009
O traslado de audiencia do
papel á Internet e a redución do investimento publicitario na conxuntura
económica actual levou ao peche da edición impresa do PC Magazine e da edición en español da revista
de videoxogos EGM, e agora é tamén a versión norteamericana a que cesa
a súa publicación impresa e a súa contrapartida dixital, o portal
1UP, tamén deixa de pertencer á editora Ziff Davis, pasando a mans de UGO
Entertainment.
O último número da revista EGM será a de xaneiro de 2009, e só a cuarta parte
do cadro de persoal (que traballaba conxuntamente en EGM e 1UP) pasará a
integrarse en UGO, o que levanta moitas incógnitas sobre o futuro de 1UP.
A publicación cumprirÃa 20
anos no mes de febreiro, e aÃnda que non chegue a ver tal data, os seus
responsables despedÃronse publicando
a portada do que serÃa ese número tan especial, que estarÃa dedicado
a Street Fighter IV, un dos grandes
lanzamentos do ano. Por desgraza, despÃdense co número de xaneiro, que non tiña
nada especial.
- Asà serÃa a portada do número de febreiro da revista EGM