Das cinzas de Mobuzz TV nace LaComuna.tv

martes, 2 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O peche repentino de Mobuzz TV cando se agardaba que a empresa puidese sobrevivir ao seu mal momento económico levou a varios dos seus traballadores (concretamente Martín Milone, Miram Reyes, Carolina del Puerto, Edgar de León e Oliver Cuello Núñez) a xuntarse para unha nova iniciativa audiovisual, LaComuna.tv, que dentro de pouco máis de 2 semanas pretenderá comezar a producir un videoblog ao máis puro estilo de Mobuzz, pero de carácter semanal, con diversidade de contidos e bastante experimental, pois nun principio se comenta que esta iniciativa non ten, polo momento, carácter empresarial.
Para seguir este novo proxecto podemos ir á súa páxina web, á súa canle en YouTube, a Twitter ou a Facebook.


Vídeo de presentación de LaComuna.tv

PUBLICIDADE