Novo portátil de Fujitsu cunha pantalla secundaria táctil de 4 polgadas

martes, 4 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O portátil Fujitsu LifeBook N7010 non se conforma con ter unha pantalla de 16 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, senón que tamén inclúe unha pequena pantalla táctil de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 272 píxeles colocada sobre o seu teclado que pode funcionar como calquera outra pantalla secundaria, aínda que o seu uso principal debería ser como lanzador de aplicacións (servindo tamén para controlar a reprodución multimedia ou visualizar fotografías).
O equipo funciona cun procesador Intel Core 2 Duo a 2,26 GHz, ata 4 Gb de RAM, disco duro de ata 320 Gb, tarxeta gráfica ATI HD 3470 con 256 Mb de memoria e saída HDMI, webcam de 1,3 Mpíxeles, lector de tarxetas SD, Bluetooth, Wi-Fi, lector de discos Blu-ray e porto eSATA (o que facilita a ampliación do seu disco duro a boa velocidade).
O Fujitsu LifeBook N7010 comezará a venderse o vindeiro luns a prezos de a partir dos 1.500 dólares.

Detalle da pantalla secundaria do novo portátil de Fujitsu

PUBLICIDADE