Os cadernos virtuais galegos bulen na carreira polos Premios20Blogs
venres, 12 de xaneiro do 2007
Unha de dúas: ou os
galegos de verdade estamos a cambiar (valorando máis o noso) ou é que estivo os
días pasados por estas terras un organizador dos Premios20Blogs de 20
Minutos convencéndonos a todos de presentarnos a este certame.
Toda esta enleada vén a
conto pola abrumadora presenza de cadernos virtuais galegos na listaxe dos máis
votados para a categoría de Mellor
blog noutras linguas constitucionais distintas do castelán do devandito
certame.Cómpre lembrar que este concurso, que está agora na fase dos
nomeamentos e das votacións dos internautas, vai orientado a procurar o que
sería o mellor blog do ano, neste caso o do que xa se nos foi: 2006.
A día de hoxe, hai xa uns
2.000 presentados, distribuídos en diferentes categorías e nas catro linguas do
estado español. Botando unha ollada na listaxe das bitácoras catalás, galegas e
éuscaras vemos, como dixemos ó principio, unha nutrida presenza de bitacoreiros
da nosa terra, feito que a xuízo de Manolo Gago semella “aunténtico
desembarco”.
Aí están ocupando as
mellores posicións A Randeeira, Capítulo 0
de Manolo Gago, CINEMA FRIKI, Depósito,
De pinchos,
enGalego3.0, Fios Invisibles, O blog
dos pelachos, UZ, A
sombriña Betanceira, Apocalipse do porco, Casa das
Letras, Nun mundo de paxaradas II, ou a tola do monte.
Isto no que respecta ó ranking de cadernos en linguas distintas do castelán.
Polo que respecta á
clasificación xeral, atopamos collendo vantaxe ós seguintes cadernos: Bloggie Du
Sanshiro, mi vecina martier, Marta de
Esparta, Valencia está de moda e Escribir es
vivir. Sexa como sexa, cómpre subliñar que todas estas posicións son
abondo provisionais: o proceso de votacións comezou aínda o 8 de xaneiro e
queda moito por rañar. Cómpre dicir que o premio ó mellor blog por votación dos
bloggers incluirá 3.000 euriños e unha estatuíña.