Google Earth chega ao iPhone

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que o servizo de mapas de Google sexa moi completo, moitas das funcións e usos aplicadas a mapas están restrinxidos ao seu acceso dende a aplicación Google Earth, e os usuarios dun iPhone ou dun iPod Touch poderán aledarse de saber que vén de estrearse para os seus dispositivos, polo que aparte dos mapas aos que xa tiñan acceso poderán acceder tamén a vistas en perspectiva do terreo, capas para presentar nos mapas fotografías xeolocalizadas (grazas ao servizo de orixe española Panoramio) ou incluso ver artigos da Wikipedia que estean vinculados xeograficamente a unha posición.
Google Earth é unha aplicación de balde que se pode descargar a través da App Store de Apple, e achega unha sensación inmersiva pouco habitual en dispositivos móbiles, e que tamén presenta mapas cunha calidade maior que o servizo ordinario dos terminais.
A interface de uso do programa é moi sinxela, e cos dedos sobre a pantalla se pode un desprazar polo mundo, e voar por todo o globo, podendo incluso achegarse e afastarse de xeito doado.


Vídeo de presentación do Google Earth para o iPhone

PUBLICIDADE