Os blogs e as melloras que achega ó noso xeito de comunicarnos, a debate este sábado en Santiago

martes, 9 de xaneiro do 2007 Fernando Sarasketa

Dixo alguén que xa remitiu a febre dos blogs en Galiza? Remitira ou non, teñan máis ou menos os blogueiros os pes no chan, chegáramos a cifra límite de autores o non (suponse que tocaremos en breve nunha especie de teito) o certo é que seguen a dar que falar. Un exemplo disto é a xornada que organiza o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche en Santiago de Compostela o sábado 13 de xaneiro. A xuntanza, titulada Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión, xirará arredor da seguinte cuestión: a revolución social e comunicativa que xorde do fenómeno blog, os fotologs e a práctica do podcast. A xornada servirá para afondar nas posibilidades que achegan estes novos formatos de expresión, “e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun bo emprego da lingua galega”, en termos da organización. Para obter máis datos sobre este encontro, cómpre poñerse en contacto co centro compostelán a través deste teléfono: 981 543 001. Este que incluímos é o programa da xornada:

• Mañá:
10.30 h. María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensións dos bitácoras e outras canles de expresión por internet.
11.15 h. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego para crear blogs.
12.30 h. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de troco de
noticia
s. www.chuza.org
13.15 h. Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas.

• Tarde:
16. 30 h. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical, artística e de análise social e político.
17.15 h. Modesto del Río. Os podcasts. Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs.
18 h. Bitácoras e música:
Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens.
18.30 h. Língua e Literatura.
Nel Vidal e Suso de Toro.
19.30 h. Bitácoras de Cine.
Martín Pawley.
20.15. Clausura da xornada

PUBLICIDADE