Unha actriz porno é a primeira usuaria de MySpace en superar o millón de amigos

mércores, 27 de decembro do 2006 Marcus Fernández

O fenómeno de MySpace nos EE.UU. puxo en boca de todos a presenza dos mozos na Internet á vez que creou certa preocupación por parte dos pais que non sabían como facer fronte a este tipo de comunidade virtual, o que probablemente se agravará cando saiban que a primeira persoa que fixo que o seu perfil en MySpace superase o millón de amigos corresponde á actriz porno Jenna Jameson.
No momento de escribir estas liñas o espazo de Jameson tiña 1.004.793 amigos, de xeito que se converte nunha canle promocional moi potente, que fai que así a actriz poida anunciar os seus novos proxectos e as súas aparicións públicas, mentres que os seus afeccionados obteñen así información de primeira man.
Unha vez máis parece que a industria do sexo é unha das primeiras en sacarlle partido ás novas tecnoloxías.

PUBLICIDADE