Unha muxiá de 95 anos estrea blog

mércores, 27 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Fotografía da mocidade de María Aurelia

O pasado 23 de decembro, María Amelia celebraba o seu 95 aniversario, e o seu neto decidiu regalarlle un blog, no que el mesmo vai transcribindo as historias e inquedanzas da súa aboa, rememorando a súa vida, de xeito que esta señora natural de Muxía se converte así na avoa da blogosfera galega.
Este novo espazo virtual convértese así nun referente para todo aquel que queira achegarse a historias cheas de lembranzas dunha muller que se define coma “socialista dende os 16 anos cando fala da Guerra Civil o que lle valeu tamén referencias en distintos blogs de socialistas galegos (ós que a señora Amelia quedou agradecida). Conta dende unha introdución biográfica ata rimas, pero se algo está a marcar nos últimos días este orixinal blog é o abraio ante a atención que está a recibir por parte tanto doutros blogs como de medios de comunicación tradicionais.
Pero A mis 95 años non é a única bitácora galega dunha persoa de avanzada idade, e dende La Voz de Galicia lembran o caso do xornalista Víctor L. Villarabid de 70 anos que serve así de canle de comunicación para un profesional xubilado que atopa na Rede un xeito de continuar coa súa vocación, narrando dende o seu blogue detalles sobre a súa terra, Sarria.

PUBLICIDADE