Etnoweb 2.0: descubrir a diversidade cultural galega xogando

martes, 26 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Dende Edugaliza.org (portal sobre o ensino galego na Rede) o profesor Xosé Antón Vicente Rodríguez vén de publicar un programa en contorno web, Etnoweb 2.0, elaborado con Hot Potatoes que ten coma obxectivo fundamental que os alumnos descubran a grande diversidade cultural de Galicia.
A aplicación consta de 120 propostas sobre a cultura galega: os símbolos identificativos, as institucións, a gastronomía, a flora e a fauna, a historia, a literatura, a música... que se xuntan baixo unha mesma ferramenta lúdico-educativa.

PUBLICIDADE