3 mozos norteamericanos culpan ao GTA IV tras ser arrestados por incendiar coches con cócteles molotov

venres, 8 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os rapaces din que aprenderon a facer os cócteles explosivos no Grand Theft Auto IV

O caso dun mozo tailandés que asasinou a un taxista coa desculpa de que estaba a emular o xogo GTA IV non parece un caso illado, e agora a policía de Milton (ao norte de Atlanta) detivo a 3 rapaces de 15 e 16 anos por incendiar 6 coches con cócteles molotov na noite entre o día 24 e 25 xullo. Os detidos confesaron que aprenderan a facer os cócteles explosivos con panos de roupa e líquido de acendedores no videoxogo Grand Theft Auto IV, o que parece estar a converterse na escusa de moda para calquera tipo de acto vandálico ou delitivo.

PUBLICIDADE