O 21 de novembro sairá a versión para PC do Grand Theft Auto IV

mércores, 6 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Despois de moitos desmentidos, Rockstar Games finalmente anunciou que o xogo Grand Theft Auto IV, que actualmente só se vende para as consolas Xbox 360 e PlayStation 3, terá unha versión para PC que se venderá nos EE.UU. dende o 18 de novembro, chegando a Europa un par de días despois.
O xogo xa vendeu 8,5 millóns de copias para as consolas de nova xeración, acadando tamén moi boas críticas, e aínda que xa se sabía que nalgún momento chegaría unha versión para o ordenador, non foi ata hoxe cando a propia páxina web do xogo incorporou o logotipo de Games for Windows.
A versión para PC conservará o nivel gráfico das súas entregas para consola, así coma os modos multi-xogador en liña (que son un dos grandes atractivos do título), aínda que é de agardar que sexa preciso contar cun equipo potente para poder tirar proveito dun dos xogos do ano (xunto con Metal Gear Solid 4).

PUBLICIDADE