Un chiste nun programa de televisión nocturno convértese nun fenómeno da Internet

xoves, 14 de decembro do 2006 Marcus Fernández

As sinerxías entre a televisión e a Internet producen ás veces reaccións abraiantes, coma foi o que aconteceu coa NBC nos últimos días, por o presentador Conan O’Brien no seu programa nocturno fixo unha broma sobre unha inexistente páxina web pornográfica na que aparecerían imaxes sexuais de manatís, polo que antes da emisión do devandito programa a canle televisiva decidiu

Manatí fetichista

rexistrar o dominio de Internet Hornymanatee.com, e atopáronse con que moitos seguidores do programa intentaran seguir a broma visitando tal web na

Manatí adolescente

Rede, de xeito que sorprendeu ó superar os 3 millóns de impresións.
A páxina web está feita a xeito de broma, e amosa a un home disfrazado de manatí en distintas poses, facéndose pasar por un manatí adolescente, un manatí fetichista e mesmo incorporaron ó espazo un vídeo cun manatí realizando un baile sensual e simularon tamén unha webcam erótica.
Temos así un claro expoñente dun uso intelixente da Rede para facer humor, aínda que sexa a base burlarnos dun manatí cachondo.

PUBLICIDADE