A Fonsagrada recibe con éxito o apagamento analóxico
luns, 7 de abril do 2008
- Un cativo axudou ao presidente da Xunta a escenificar o salto á TDT
O pasado sábado a Fonsagrada viviu o
apagamento da televisión analóxica nun ambiente festivo, posto que a vila luguesa
foi a primeira de toda España en completar a transición á televisión dixital
terrestre.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, conduciu o acto de presentación do salto á nova televisión,
destacando o empeño do Goberno galego no reequilibrio territorial e coa
incorproación da nosa comunidade á sociedade do coñecemento.
Ao acto tamén asistiron o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco
Ros; a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o delegado do
Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; a conselleira de Educación e Ordenación
Universitaria, Laura Sánchez Piñón; o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela;
o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado; e o alcalde da
Fonsagrada, Argelino Fernández.
AsÃ, o concello da Fonsagrada, «que
nunca recibiu a televisión do século XX en condicións aceptables, convértese
hoxe no primeiro concello de España en acceder á televisión do século XXI», segundo comentou o presidente da Xunta, quen
destacou que as condicións orográficas e demográficas do municipio lugués fan
del «un excelente laboratorio dixital, o maior banco
de probas para a implantación da televisión do futuro».
Touriño apuntou que A Fonsagrada é o concello máis extenso de Galicia, cunha superficie de máis de 438 quilómetros cadrados e unha poboación dispersa en máis de 200 núcleos, que xunto coa fisionomÃa de montañas e vales dificultan o transporte do sinal televisivo, constituÃndo «un triplo desafÃo loxÃstico, técnico e financeiro» que foi afrontado polo operador público Retegal, que conta cunha rede de emisoras que fornece de sinais de televisión aos pequenos núcleos do medio rural tanto da Fonsagrada coma do resto do territorio galego, onde tamén se están a adaptar as infraestruturas para a TDT.