A tradución do Windows Vista ao galego presentarase o 8 de abril (e xa se pode descargar)

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández, Raquel Noya

Funcionalidade Flip 3D en Windows Vista

A Fundación Galega da Sociedade do Coñecemento (FSC), Ineo e Microsoft celebrarán a presentación Novas Ferramentas TIC en Galego para mellorar a produtividade que terá lugar o vindeiro 8 de abril na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que servirá para dar a coñecer a tradución de Windows Vista ao galego.
O acto, que contará coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Toriño e coa da presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García, ofrecerá información de primeira man con respecto ás novidades do sector TIC, e desvelará a estratexia de Microsoft para Galicia de xeito directo e a través das declaracións da propia presidenta da firma.
Coa colaboración de Dell, Investrónica e HP tamén amosarán a nova xeración de equipos que incorporarán as librerías de galego preinstaladas, así como as novidades incorporadas por Microsoft que facilitan a descarga e o uso dos programas en galego.
A participación na devandita presentación é de balde e os interesados en acudir deberán inscribirse antes do vindeiro 3 de abril.

Faille un clic ao galego

<img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 122px;" alt="Office 2003" src="http://www.codigocero.com/faiunclic01.gif">
<a href="http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0db2e8f9-79c4-4625-a07a-0cc1b341be7c" target="_new"><img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 21px;" alt="Windows XP" src="http://www.codigocero.com/faiunclic02.gif">
<a href="http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0e21eb7b-e01a-4fcc-b7f1-30e419da7f5b" target="_new"><img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 47px;" alt="Windows Vista" src="http://www.codigocero.com/faiunclic03.gif">

A primeiros de abril de 2007 se publicou o paquete de tradución do Windows Vista ao catalán, apoiado pola campaña promocinal Fes un clic al català, e que en xuño se concretou con ordenadores co Windows Vista en catalán preinstalado, e esta mesma estratexia parece replicarse en Galicia, de xeito que xa podemos descargar o paquete de tradución do Windows Vista en galego, e haberá que agardar ó evento do 8 de abril para coñecer detalladamente a estratexia de Microsoft de cara á nosa lingua.
Ata o momento as aplicacións de Microsoft que se podían traducir ó galego eran o Office 2003 e o Windows XP, polo que o Paquete de Inferface de Galego de Windows Vista (LIP) supón unha continuidade a esta aposta tecnolóxica en prol do uso da nosa fala nas TIC.
A tradución é parcial, pero afecta ás áreas máis utilizadas do sistema (asistentes, caixas de diálogo, os temas da Axuda…) amosándose o resto dos textos na lingua base de Vista (presumiblemente o español). Amais, é posible instalar distintos paquetes de idioma no mesmo equipo, para que cada usuario empregue a interface do ordenador na lingua que desexe.
O paquete de idiomas ocupa 2,9 Mbytes e só é compatible coas versións de Windows Vista de 32 bits.

PUBLICIDADE